Larga vida aos chicles !

Un estudo do Centro Médico Universitario de Groningen (Países Baixos) publicado na revista científica PLoS One asegura que cando mascamos chicle podemos eliminar ata un 10% de bacterias que habitan na nosa boca, quedando pegadas nel, o que veñen sendo 100 millóns de bacterias.

Este descubrimento levouse a cabo por cinco estudantes de enxeñaría biomédica que ocuparon gran parte do seu tempo a mascar dous tipos diferentes de chicles en periodos distintos de entre 30 segundos e 10 minutos.

Os investigadores chegaron á conclusión de que canto máis se masca un chicle, máis especies de bacterias captura, aínda que despois dos primeiros 30 segundos de mascalo, empeza a perder adherencia.

Non tódolos chicles son beneficiosos para atrapar bacterias, senón que ás veces as benefician alimentándoas, como os chicles endulzados con azucres naturais, que cando os microorganismos os fermentan, volve máis acre a película que recobre os dentes favorecendo a carie.

Segundo os científicos, «As bacterias morren cando están pegadas ao chicle por acción do xilitol, conservantes alimentarios ou aromas.»

Os autores cren que este descubrimento podería ser útil para elaborar chicles moito máis efectivos contra as bacterias do futuro.

Anuncio publicitario

E unha vez máis, a muller como exemplo da ciencia !

Cada vez destacan máis féminas na ciencia particular. L’Oreal outorga cada ano unhas bolsas de investigación (L’Oreal-Unesco For Women in Science) para promover a presencia das mulleres neste campo, concretamente dirixido a científicas españolas menores de 40 anos. Repártense 5 becas, cada unha de 15.000€.

Para poder optar a esta beca é indispensable ter adquirido un doutorado cun mínimo de catro anos dende a lectura da tese e obtido estancias en centros de prestixio pre ou post doutorais.

As cinco afortunadas deste ano foron tres doutoradas en química, unha en física cuántica e outra en ciencias físicas, todas galardoadas o pasado 26 de novembro nun acto emotivo no que destacaban a ciencia e a muller como se apuntou nalgunhas ocasións.

O mundo precisa da ciencia, e a ciencia precisa mulleres.

As cinco gañadoras da beca.

Dúas estrelas a piques de se fusionar.

A estrela MY Camelopardalis é a estrela mais brillante do cúmulo aberto Alicante I. Trátase dun sistema de dúas estrelas que se coñece como unha estrela binaria composto por 38 astros maiores cá masa do Sol. Según un estudo publicado nunha revista de astronomía e astrofísica e investigadores españoles, presenta o período orbital máis curto xa que tan só dura 1’2 días. O gran tamaño destas estrelas fai que se acomoden de forma sinxela nunha órbita tan sumamente pequena, os investigadores concluíron que se están rozando e que a súa capa exterior é común, a chamada ‘binaria de contacto’ polos astrofísicos.

Os investigadores cren que a evolución das dúas estrelas dará lugar á súa fusión nun único obxecto aínda que se descoñece o seu proceso. Algúns modelos teóricos suxiren que a fusión será moi rápida e liberará gran cantidade de enerxía mediante unha explosión.

Un investigador da Universidade de Alicante, asegura que os compoñentes son aínda moi novos e aínda non comezaron a evolucionar. Asegura tamén que pode ser a maneira máis efectiva de xerar estrelas extremadamente masivas e que MY Cam é o primeiro exemplo que pode dar lugar a un destes obxectos.

Representación artística de MY Cam.

O ébola, como se transmite ?

O ébola é unha enfermidade infecciosa de caráctrer vírico que afecta (polo que de momento se coñece) aos humanos, alterando as células endoteliales, que cubren a superficie interior dos vasos sanguíneos impedindo a coagulación das plaquetas.

Trátase dun dos virus máis letais dado que a súa taxa de mortalidade supera o 90%. Ten 5 variedades relacionadas con distintos lugares de África aos que se lle atribúen importantes brotes de febre hemorráxica. O contaxio pódese dar:

  • Entre humanos, mediante contacto directo cos fluidos corporáis dunha persoa infectada.
  • Ao entrar en contacto con obxectos contaminados.
  • Ao entrar e contacto co sangue e fluidos corporáis de animais salvaxes.

Segundo o Ministerio de Sanidade, non se pode contaxiar mediante o aire ou a auga.