Un estudo do Centro Médico Universitario de Groningen (Países Baixos) publicado na revista científica PLoS One asegura que cando mascamos chicle podemos eliminar ata un 10% de bacterias que habitan na nosa boca, quedando pegadas nel, o que veñen sendo 100 millóns de bacterias.
Este descubrimento levouse a cabo por cinco estudantes de enxeñaría biomédica que ocuparon gran parte do seu tempo a mascar dous tipos diferentes de chicles en periodos distintos de entre 30 segundos e 10 minutos.
Os investigadores chegaron á conclusión de que canto máis se masca un chicle, máis especies de bacterias captura, aínda que despois dos primeiros 30 segundos de mascalo, empeza a perder adherencia.
Non tódolos chicles son beneficiosos para atrapar bacterias, senón que ás veces as benefician alimentándoas, como os chicles endulzados con azucres naturais, que cando os microorganismos os fermentan, volve máis acre a película que recobre os dentes favorecendo a carie.
Segundo os científicos, «As bacterias morren cando están pegadas ao chicle por acción do xilitol, conservantes alimentarios ou aromas.»
Os autores cren que este descubrimento podería ser útil para elaborar chicles moito máis efectivos contra as bacterias do futuro.